|
En inglés vaca dise 'cow' e rapaz dise 'boy' a un vaqueiro chámanlle 'cowboy' que en galego sería 'vaca-boi'. No future without cows no boys, no cows, no future non hai futuro sen vacas nen cornos de tres en tres et la vache que rit la vache qui ne rit pas A vaca que se escaralla de risa por non chorar A vaca que foi mamut noutra reencarnación o bisonte que foi poder no pensamento dos sioux e a vaca será bisonte e a vaca será poder e os camelos cabreados nos paquetes de Camel Light Velaí veñen os búfalos dos americanos búfalos que dan alka seltzer a cuota do alka seltzer e as vacas que se miran con ollos de mamut as vacas que confunden os búfalos con ñús con decisión vacuna vacuna decisión "nin un paso atras/nin pra tomar impulso" O home foi mandril noutra reencarnación o único mamifero que gasta leite dos outros leite da vía lactea leite de moitos quilates unha autoestrada lactea leite para os primates e a min ponme nome de animal e serei mais animal Unha vaca é unha vaca e merece un respeto porque unha vaca é unha vaca e non é un alacran Disque sobran vacas, disque sobran paisanos o que sobran son cornudos, LASTIMA DE BOIS..... |