Os ingredientes son:
- Coca Cola: A pesar de que existen outros refrescos de cola doutras marcas, mais baratos, ó final non compensan, por que o calimocho queda absolutamente imbebible. Son especialmente rexeitables as marcas do supermercado onde esteades a face-la compra, Día-Cola, Simago-Cola, Continente-Cola, .... Moito coidado coa cola No Frills.
- Viño: Ó contrario que a Coca Cola, co viño cúmplese unha regla que dí: 'Canto peor sexa o viño, mellor é o calimocho'. Os mellores viños son sen dubida os de cartón, feitos a base de polvos. Os de botella, feitos de uva de verdade son moi pouco recomendables para facer esta bebida. Dentro dos viños de cartón podemos recomendar as marcas 'El Conquistador', 'Día', 'Don Simón', e o noso favorito, 'Viño No Frills'. Este último é especialmente sospeitoso, por que ven en cartóns totalmente blancos, coa frase 'Wine No Frills', sin data de envasado, control de sanidade ou cousas polo estilo.
- Azucre: Botaremos un puñado xeneroso.
Preparación: Para preparar o calimocho, colleremos unha botella ou garrafa, de polo menos dous litros. Poñeremos a partes iguais viño e Coca Cola, e engadiremos o azucre. É preciso ter coidado cando o botemos porque se produce unha reacción química, que fai que saia un chorro de espuma da botella. Si o facedes en casa tende coidado coa alfombra.Para finalizar, debemos tapar a botella, e axitala, para conseguir que os ingredientes se mesturen. Se bebe a morro da botella ou garrafa. Está mal visto beber o calimocho por vaso.
O calimocho, admite outros ingredientes para dar sabor. O certo e que admite case calquera cousa que se lle bote. Estes ingredientes adicionais hai que botarllos logo do azucre, e debemos botar un chorro xeneroso, pero sen pasarnos. A continuación dámosvos algunhas suxerencias, ainda que podedes experimentar coas vosas propias ideas:
- Augardente: de herbas ou blanco, depende do voso estómago.
- Licor de Mora
- Licor de Limón
- Licor de Frambuesa
- Tequila
- Vodka
Nota: Unha das vantaxes do calimocho, e que non precisa estar frío para poder bebelo. Isto permítenos ir ó super, comprar uns cartóns e un pouco de Coca Cola, e disfrutalo non banco alí mesmo.
|