Lástima de Bois somos unha peña antitaurina. Isto quere dicir que rexeitamos o salvaxe espectaculo da tortura e asasinato dos touros. Rexeitamolo por dous motivos:
- Ecoloxía e dignidade humana: O espectaculo dos touros consiste en coller a un animal vivo, e torturalo e asasinalo, para disfrute dunha multitude sedenta de sangue que se reune nun escenario moi parecido ó que se reunían os romanos para ver as loias de gladiadores. Dicimos que e un asasinato, e non unha morte como a que podería ter un animal nun matadeiro, porque se fai co único obxectivo de divertir á xente. Fáisenos dificil imaxinar que placer se pode obter de ver a un pobre animal desangrandose pouco a pouco.
Para mais información sobre isto recomendamosche a páxina do compañeiro Minotauro
- Anticolonialismo: Desde o estado español, levan séculos tratando de roubarnos a nosa identidade e substituila por outra que nos é allea. Temos moitos exemplos, desde o idioma ós touros. Desde fora (e algúns desleigados desde dentro), trataron de facernos crer que a tauromaquia e algo típico de Galiza, cando iso non é certo. Os datos son claros, en Galiza só existe a praza de touros de Pontevedra, e o coliseo da Coruña, que se pode utilizar como praza. Houbo outras, en Chantada, en Riveira ou en Compostela, pero pecharon porque a xente non iba. A praza de touros de Pontevedra leva pouco mais dun século funcionando. Parecen poucos méritos para que sexa a nosa 'fiesta nacional'.
Por todo isto o noso obxectivo e conseguir para Galiza unha lei similar a que estña agora mesmo en vigor nas Canarias, que prohíben o espectáculo taurino.
[Inicio |
¿Quen somos? |
Bebidas |
Roupas |
Cancións |
Peñas]