A festa de Peñas


A festa de peñas celébrase en Pontevedra no verán coincidindo cos días de corridas de touros. Non hai un día fixo.

A festa comeza en moitos casos xa na comida, onde cada peña se reune para comer todos xuntos. Despois da comida as peñas taurinas marchan para a praza de touros, para ver un pouco de sangue e a xente normal imos para a zona vella de Pontevedra.

A partir das cinco ou seis da tarde, xa está montada a festa, que non rematarña ata ben entrada a madrugada. Durante esta festa, e normal que toda a xente remate regada de viño dos pés a cabeza, polo que non é conveniente pasear pola zona vella coa nosa mellor roupa :-)

Realmente está e unha festa altamente alcoholica, e por exemplo a rúa Charino acaba totalmente mollada, ainda que non chova. A xente adoita beber calimocho ou sangría, cousa realmente extraña nunha cidade como Pontevedra, pero xa se sabe, un día é un día.

Outro costume típico é o de pedir auga debaixo dos balcóns. As veces ademais de cubos sacan as mangueiras.

Pódese dicir que esta festa é a mellor das que se celebran en Pontevedra en todo o ano, e unha das mellores que se fan en toda a Galiza. Ven o ano que ven e compróbao.



[Inicio | ¿Quen somos? | Antitaurinos | Bebidas | Roupas | Cancións ]